O FICBUEU adica o seu Caderno deste ano á figura do director holandés Joris Ivens, pioneiro do cinema documental
FICBUEUI O CadernoFICBUEU#4 creado polo programador do Festival, Severiano Casalderrey, afonda nas facetas poética, activista, viaxeira e xornalística deste realizador e repasa a súa prolífica filmografía no mundo das curtametraxes
I A publicación conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que colabora con esta colección editorial sobre cinema dende a súa primeira edición
BUEU. 16.09.2023. «O Festival Internacional de Cinema de Bueu, o FICBUEU, presentou esta mañá o CadernoFICBUEU#4, centrado na figura e na traxectoria cinematográfica do director holandés Joris Ivens, lenda do cinema documental con conciencia social.

A publicación, obra de Severiano Casalderrey, que tamén é o programador do Festival, forma parte da serie de monografías editadas polo FICBUEU que acompañan á «Sección Retrospectiva» do certame. A colección de volumes conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades desde a súa primeira edición, en 2020.
O público do Festival poderá asistir mañá ás proxeccións de catro curtametraxes documentais de Ivens. A sesión é de balde previa reserva de entrada na tenda e liña do Festival ou no despacho de billetes do Centro Social do Mar de Bueu.
Todas as facetas dun documentalista excepcional
O obxectivo dos cadernos do FICBUEU é achegar ao público a obra de importantes cineastas e o contexto histórico na que desenvolveron o seu traballo e contribuír a incrementar a historiografía do formato da curtametraxe, habitualmente excluído das salas de cinema e dos circuítos de distribución.
O volume número catro, baixo o título A expansion do documental a través das curtametraxes de Joris Ivens (1898-1989), afonda en catro capítulos distintos as facetas poética, de activismo social, viaxeira e de cronista de guerra do realizador holandés. Ivens foi un dos máis grandes documentalistas do cinema mundial de todos os tempos e cunha extensa filmografía que abarca máis de medio centenar de curtas filmadas nunha vintena de países.
Severiano Casalderrey repasou os contidos da monografía e explicou a importancia da curtametraxe na obra de Ivens, facendo fincapé nos catro filmes que se amosarán na «Retrospectiva»: Regen, sobre a chuvia en Ámsterdam; Borinage, sobre as folgas mineiras en Bélxica; Indonesia Calling, co foco na independencia do país asiático cando aínda era colonia holandesa; e Le ciel, la terre (O ceo, a terra), na que aborda a Guerra do Vietnam.
«XXXX», explicou hoxe Casalderrey na presentación, que tivo lugar na sala de exposicións Amalia Domínguez Búa de Bueu.
Participou tamén no acto Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, quen destacou a colaboración da Xunta na iniciativa e sinalou que as publicacións están dispoñibles para ser consultadas en diferentes bibliotecas públicas galegas, así como en institucións de ámbito nacional relacionadas co cinema: «XXXX».
O caderno sobre Joris Ivens está á venda por 10 euros no sitio web do Festival e tamén pode mercarse estes días no carriño de produtos FICBUEU ubicado xunto ao Centro Social do Mar.
Últimas actividades da semana
As catro curtametraxes de Ivens incluídas na «Retrospectiva» exhibiranse nun pase que terá lugar mañá domingo ás 18.00 horas no Auditorio do Centro Social do Mar. Ás 20.30 horas chegará a proxección do Palmarés 2023, con todas as curtas gañadoras nesta edición do FICBUEU.