∘ Diferentes propostas gastronómicas inspiradas no cinema estarán agardando en cada un dos locais participantes.
∘ Entre o 5 o 14 de setembro, ven ao FICBUEU, proba todas as tapas e entra no sorteo dunha cea para dúas persoas nun dos establecementos da ruta:

1. Consegue os selos dos 7 locais da ruta

2. Participa nalgunha actividade do FICBUEU e pide o teu selo

3. Cubre os teus datos persoais

4. Entrega este folleto no Kapa Expresso Bar (Rúa de Eduardo Vicenti, 4), entre o 5 e o 17 de setembro.

LOCAIS E TAPAS PARTICIPANTES:

A TABERNA DE CASA VIDEIRA

Nome: En el corazón del mar

Descrición: focaccia con tartar de bonito lixeiramente picante, kimchi caseiro e Cebreiro.

Horario: de martes a venres de 20:00H a 23:00H, sábado de 12:30H a 15:00H e de 20:30H a 23:00H e domingo de 12:30H a 15:00H.

ESMORGA

Nome: La Dolce Vita

Descrición: pinsa con tomate, stracciatella de mozzarella, crujientes de speck, confiturada de cebola ao vermut vermello e po de oliva negra.

Horario: mañás de 13:15H a 15:00H, tardes de 20:30H a 22:00H.

NOITE TAPAS

Nome: Indochina

Descrición: roliños vietnamitas elaboradas con papel de arroz, polo que son aptos para celíacos.

Horario: mañás de 12:00H a 12:30H. Tardes de 20:00H a 22:00H. Sábado 6, domingo 7 e luns 8 pechado.

PYRAMIS

Nome: El chiringuito de Pepe

Descrición: croquetón recheo de zamburiña gamba e mexilón acompañado con crema de polbo e paté de mexilón.

Horario: de mércores a domingo de 12:00H a 14:00H e de 20:00H a 21:30H.

QUINTELA

Nome: El silencio de los corderos

Descrición: shawarma de cordeiro con salsa de iogur.

Horario: mañás de 13:00H a 14:30H. Tardes de 20:30H a 22:30H. Domingo 7 pola tarde e martes 9 pechado.

TIEMBLA MARUXA

Nome: Kill Bill Vol.1

Descrición: rolo crocante de pato confeitado con hoisin e ceboliño, estilo asiático.

Horario: de martes a domingo de 20:00H a 22:00H. Luns 8 pechado.

VOLVER

Nome: Lava

Descrición: tatin de base de follado, mazá asada, foie, carnita de porco con cogomelos, maionesa de tomate e mollo de lima.

Horario: de 12:30H a 15:00H e de 20:00H a 23:00H. Mércores 10 pechado.

Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.