Sábado 19 ás 18.00
STICKER ADHESIVO GEORGI M. UNKOVSKI 2019 / MACEDONIA / 19 MIN. - Sasko Kocev, Xhevdet Jashari, Simeon Moni Damevski, Ljupcho Todorovski, Dimitrija Doksevski.

Tras non conseguir renovar os papeis do seu coche, Dejan cae nunha trampa burocrática que pon a proba a súa determinación para ser un pai responsable.

UNE DE PERDUE UN DOS PERDIDOS MARIE CLERC 2020 / FRANCIA / 4 MIN. - Marian Perchet, Stéphane Roterberg.

Despois de perder por enésima vez un dos seus calcetíns, Thierry decide secuestrar o último que lle queda, para atopar os perdidos.

ONKO SULLA NÄLKÄ? TES FAME? TEEMU NIUKKANEN 2019 / FINALNDIA / 12 MIN. - Pirjo Lonka, Matvei German, Tommi Korpela, Sanna-Kaisa Palo

Unha nai solteira esfórzase por conectar co seu fillo adoptado adolescente, que pensa que é gai. Preocupada de que homes maiores na rede se aproveiten do vulnerable rapaz, decide tomar ela mesma medidas para guialo neste periodo de autodescubrimento arranxándolle unha cita.

SH_T HAPPENS ÉCHE O QUE HAI MICHAELA MIHÀLY, DAVID STUMPF 2019 / REPÚBLICA CHECA-ESLOVAQUIA-FRANCIA / 13 MIN. -

Un vixiante canso de todo, a súa muller frustrada e un cervo totalmente depresivo. A súa mutua desesperación lévaos a eventos absurdos porque...éche o que hai.

END-O END-O ALICE SEABRIGHT 2019 / REINO UNIDO / 15 MIN. - Chike Chan, Sophia Di Martino, Bart Edwards, Lisa Jackson, Jonathan Guy Lewis, Paida Mutonono, Amit Shah, Harry Lister Smith, Rakhee Thakrar

Jaq quere ter sexo. Pero a súa endometriose vaina sabotar cunha dor crónica e un sangrado impredecible no peor momento!

YOU DON'T KNOW ME NON ME COÑECES ISABELLE GIROUX, DAVID ÉMOND-FERRAT 2019 / CANADA / 11 MIN. - Métushalème Dary, Stephen Maclean Rodger, Claire Jacques, Caroline Lavigne, Gabrielle Fontaine.

Unha parella en constante pelexa vaise ver envolta nun sórdido asunto cando, de viaxe, paran a por gasolina no medio do Quebec rural.


Consulta aquí el programa completo del festival Volver arriba