Seccións competitivas
CRUMB / MIGALLA
ELENA KULESH – 2025 / RUSIA
Alyoshin é un usuario dun orfanato correccional. Para confirmar a súa capacidade legal e saír de alí, fai unhas prácticas nunha panadaría. Alí namórase dunha compañeira de traballo e inventa que están a ter un romance. A realidade acaba por impoñerse á ficción, pero el atopa a forza para resistir e loitar polo seu dereito a amar e á liberdade.
PER BRUIXA I METZINERA / POR MEIGA E FEITICEIRA
MARC CAMARDONS – 2025 / ESPAÑA
Cebriana está segura de que viu un lume na montaña de noite. Non hai rastro de brasas, nin testemuñas que corroboren a súa visión. A súa avoa, unha antiga curandeira, intentará axudala a ver máis alá das lapas.
QAHER / VENCEDOR
NADA KHALIFA – 2025 / EXIPTO-PALESTINA-POLONIA
Jason, un palestino-canadense, regresa a Palestina despois de anos para sorprender á súa irmá, levando consigo un agasallo inusual: unha cabra, ofrenda tradicional para o seu sobriño recén nacido. Jason emprende unha viaxe para chegar ata a súa irmá, redescubrindo ao longo do camiño o verdadeiro significado da identidade palestina.
ALWAYS WANTED TO BE GOD, NEVER WANTED TO DO GOOD / SEMPRE QUERENDO SER DEUS, NUNCA QUERENDO FACER O BEN
NOA EPARS, MARVIN MERKEL – 2025 / SUÍZA
ALWAYS WANTED TO BE GOD, NEVER WANTED TO DO GOOD / SEMPRE QUERENDO SER DEUS, NUNCA QUERENDO FACER O BEN
NOA EPARS, MARVIN MERKEL – 2025 / SUÍZA
Nos cumios das montañas suízas, as cruces cristiás permanecen ergueitas. Nas cidades, carteis publicitarios con versículos bíblicos ocupan o espazo público. En 2009, o guía de montaña Patrick Bussard protagonizou titulares cando serrou unha cruz nos Alpes de Friburgo; foi severamente castigado polos tribunais.
EL COLUMPIO, ETC. / O BAMBÁN, ETC.
SILVIA MARTÍN – 2025 / ESPAÑA (GALICIA)
A nostalxia parece ser un tema recorrente no cinema dos últimos anos. Desde unha perspectiva antropolóxica e colectiva, EL COLUMPIO, etc. busca indagar nas diferentes interpretacións da mesma, reflexionando sobre a súa utilidade e abordando cuestións como a migración e o arquivo audiovisual.
SAÍR DO LIMBO
ANTÓN RODRÍGUEZ – 2025 / ESPAÑA (GALICIA)
Suso é recibido polo aburrido funcionario responsable do destino das almas no limbo. Ante a negativa de Suso de aceptar a súa situación, o desleixado burócrata tenta matar o tempo dándolle unha lección ao visitante.
O MUÍÑO NON É MUÍÑO
ALBERTO ABAL, SABELA NÓVOA GÓMEZ – 2026 / ESPAÑA (GALICIA)
O erotismo, o cortexo e a sexualidade forman unha peza crucial e descoñecida da herdanza musical galega. Adentrármonos nas coplas e no torreiro permítenos descubrir que non todo é o que parece. A foliada ten moito máis de discoteca ca de aula de baile. O traballo non é traballo. O muíño non é muíño.
TODO SE LIMPIA / TODO SE LIMPA
NAIARA VILA CANLE – 2026 / ESPAÑA (GALICIA)
Todo se limpa e todo se ensucia. Vivir é mancharse e volverse a limpar. Hoxe somos inmortais pero mañá, cando o mundo xa estea limpo do que fomos, non seremos ninguén.
O MAR É O MEU CHAN
XOÁN VÁZQUEZ – 2026 / ESPAÑA (GALICIA)
Na década dos 70, un grupo de mozos da Coruña achegouse ás praias da cidade para tentar surfear as ondas. Con case ningunha orientación nunha sociedade que aínda lle daba as costas ao mar, fabricaron as súas propias táboas de surf, descubriron novos lugares e, sen decatarse, marcaron o inicio da historia do surf en Galicia. A través dos testemuños de catro deles, descubrimos como, apoiándose nas súas experiencias individuais previas ligadas ao mar, comezaron a practicar surf e formaron o primeiro grupo de surfistas da cidade.
