Seccións competitivas



O NIÑO DOS PAXAROS
LUCÍA ESTÉVEZ – 2021 / ESPAÑA
Os gorrións fanse oco entre a maquinaria, nos tubos de escape, nos motores abertos ou nos asentos dos coches da terceira planta. Cando escoitan abrir o gran portalón á primeira hora da mañá, voan rápido para entrar. Hoxe o taller é un lugar seguro para eles, do mesmo xeito que o foi para o meu pai nos anos 80.



EL SEMBRADOR DE ESTRELLAS / O SEMBRADOR DE ESTRELAS
LOIS PATIÑO – 2022 / ESPAÑA
As luces afastadas debuxan a cidade. Chegan barcos brillantes con xente durmida e a noite vólvese líquida.
O sembrador de estrelas espértaos e percorren a cidade, falando disto e aquilo, mentres se despiden de todo.



ROMPENTE
ELOY DOMÍNGUEZ SERÉN – 2022 / ESPAÑA
Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.



ASÍ VENDRÁ LA NOCHE / ASÍ VIRÁ A NOITE
ÁNGEL SANTOS – 2021 / ESPAÑA
Pablo é escultor, retirouse a unha apartada zona rural da costa galega. Andrea vive en Canadá, onde traballa como lectora de literatura nunha universidade. De paso por España, acompañando á súa parella durante unha residencia de escritura, Andrea decide enviar unha longa mensaxe a Pablo, ao que non ve hai meses, a modo de carta longa ou de noveliña do século XXI.