Seccións competitivas
O CORPIÑO
BLANCA NAVARRETE, ANTÍA RODEIRO – 2025 / ESPAÑA (GALICIA)
O Santuario da Nosa Señora do Corpiño (Santa Baia de Losón, Lalín), coñecido popularmente como “santuario dos exorcismos”, é un dos máis visitados da Galicia interior. Pero que esconde máis alá desta denominación? Por que atrae cada ano a miles de visitantes? Fe. Tradición. Milagres. Ofrecementos. Curiosidade. Festa… Todo depende dos ollos que o miren.
MONSTERA
DIEGO R. ABALLE – 2024 / ESPAÑA (GALICIA)
Ana agarda polo seu mozo Marcos, que volve á casa tras unha longa viaxe de negocios. Desátase entre ambos unha absurda discusión cando Marcos se decata de que Ana descuidou a súa planta favorita: unha pequena e delicada Monstera variegada. Unha traxicomedia sobre o individualismo, a superficialidade e as dinámicas tóxicas dalgunhas relacións que, como as plantas que non reciben os coidados axeitados, se deterioran ata chegar ao colapso.
HOLDSWORTH
XOSÉ DOPAZO – 2025 / ESPAÑA (GALICIA)
Teño o pracer de presentarlles Holdsworth, unha curtametraxe de ficción de 5 minutos e medio, unha fascinante obra audiovisual de acción trepidante na que se atoparán con hipnóticos paradoxos lóxico-matemáticos, un vello profesor do Trinity College, epistemoloxía, unha cafeteira italiana, a Primeira Guerra Mundial, Schubert e unha cociña de gas.
DELINCUENTE
ALBA DOMÍNGUEZ, NURIA VIL – 2024 / ESPAÑA (GALICIA)
La Maradona foi a líder dunha banda de delincuencia xuvenil do Vigo dos 80. O seu recordo colectivo volve á vida nos versos de Nuria Vil, nunha peza visual que rescata a historia obreira da cidade olívica e a literatura contemporánea.
BOCA DE ASNO
CARLOS CALVAR TOMÉ – 2025 / ESPAÑA (GALICIA)
Ximena esperta nunha mañá idéntica a todas as demais. O día da marmota, fame, unha tixola vella que debe desaparecer. Ata que un tropezo desafortunado converte a rutina en carnaza para a fritideira.
ALGO NOVO QUE CONTAR
PAULA PEREIRA – 2025 / ESPAÑA (GALICIA)
Xoana pasa o verán cunhas amigas entre as que está Emma, unha rapaza coa que mantén un romance. Xoana é virxe e sente medo ante a idea de avanzar. Os seus pensamentos dificultan progresar na súa relación con Emma.
