SECCIÓNS PARALELAS
BRUTALITÄT IN STEIN / BRUTALIDADE EN PEDRA
ALEXANDER KLUGE – 1961 / ALEMAÑA
Nesta curtametraxe experimental, Alexander Kluge mostra como a arquitectura nazi empregou dimensións de escala inhumana e sobrehumana para reforzar a política do réxime do mesmo tipo. As imaxes de enormes estruturas arquitectónicas neocláscias do período nazi confróntanse cunha linguaxe nacionalsocialista igualmente antihumana como voz en off.
SOPHIA DE MELLO BREYNER ANDRESEN
JOÃO CÉSAR MONTEIRO – 1969 / PORTUGAL
Realizada no marco dunha serie de documentais sobre grandes personalidades da arte e a cultura portuguesa, esta curtametraze funciona como un rexistro dobre. En primeiro lugar, acompaña a ilustre poeta e a súa familia en pequenos momentos no fogar, mentres a súa voz se funde coa paisaxe costeira da rexión do Algarve. Por outra parte, trátase da ópera prima de João César Monteiro, e a forte presenza do mar como elemento evocativo e dramático serve como anuncio do que o director despregaría ao longo da súa filmografía.
LA CHAMBRE / A HABITACIÓN
CHANTAL AKERMAN – 1972 / BÉLXICA
Unha longa e lenta panorámica describe varias veces o espazo dunha habitación sen parar. Na cama, Chantal Akerman, primeiro sentada e inmóbil e logo, ao volver pasar a cámara, comendo unha mazá. Atopámonos tanto ante un autorretrato misterioso da cineasta no seu lugar preferido como ante o equivalente, para o seu cine, dunha natureza morta: reunir o seu mobiliario nuna descrición repetitiva para poder gozalo máis adiante.
LA FORMA DELLA CITTÀ / A FORMA DA CIDADE
PIER PAOLO PASOLINI – 1974 / ITALIA
No ano 1974, a televisión italiana pediu a Pier Paolo Pasolini participar activamente, cunha película documental, nunha transmisión televisiva. O resultado foi un tipo de película reflexiva e poética dividida en dúas partes, claro exemplo de estudo sobre a antropoloxía urbana mediante a linguaxe cinematográfica de non-ficción.
REMEDIOS VARO 1913-1963
JOMÍ GARCÍA ASCOT – 1967 / MÉXICO
Introdución ao imaxinativo universo pictórico de Remedios Varo, intercalando breves locucións de textos de distintos poetas: Brentano, Becquer, Tröxler, Hölderlin e Plotino.
