FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Tenda / Tienda / Shop

Estás na tenda oficial do FICBUEU, onde poderás mercar tanto as entradas e abonos para as distintas proxeccións e actividades coma as nosas camisetas, bolsas e chapas.

Engade os productos ao carriño e ao finalizar a túa compra recibirás un correo electrónico co código do teu pedido que deberás mostrar no despacho de billetes para recoller os teus productos e/ou entradas.

O despacho de billetes está situado no Centro Social do Mar e ten o seguinte horario:

  • Do luns 6 ao xoves 9 de setembro de 17:00 a 20:00 horas.
  • Do venres 10 ao domingo 19 de setembro de 16:30 a 22:00 horas.

Ademais, nas xornadas de fin de semana o despacho de billetes permanecerá aberto entre as 10:00 e as 13:00 horas.

*Os convites para as actividades de balde, serán dispensados no despacho de billetes o mesmo día da proxección ou actividade.

Para calquera dúbida podes escribirnos a producion2@ficbueu.com