Concerto de Xoel López

20,00

O recoñecido músico independente Xoel López actuará o 7 de setembro, ás 22:30 horas, no auditorio do Centro Social do Mar de Bueu, no marco do FICBUEU 2018. Trátase dunha oportunidade única para gozar do seu directo nun formato íntimo, pois pouco máis de 200 persoas terán acceso ao concerto. Logo de iniciar unha exitosa traxectoria baixo o seudónimo de Deluxe, o coruñés recibiría tamén varios galardóns polos discos editados xa co seu nome. Agora preséntanos ‘Sueños y pan’, un álbum no que, tras máis de dúas décadas de traxectoria, busca o equilibrio entre a liberdade e a estabilidade.
Aforo limitado: 245
 As entradas poderán recollerse no despacho de billetes do Centro Social do Mar de Bueu desde 3 horas antes do inicio do concerto co resgardo de compra.

Hay existencias

Categoría: