Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • Voces de Holanda, Finlandia e Galicia falan mañá sobre cinema no FICBUEU •

Novas do festival

← Volver

Voces de Holanda, Finlandia e Galicia falan mañá sobre cinema no FICBUEU

FICBUEU

I A directora Hanna Hovitie, a guionista Nena van Driel e o realizador Félix Brixel manterán un encontro tras a proxección das súas curtas na «Sección Oficial» 

I «El Cine de LoQueYoTeDiga» da Cadena SER, podcast de referencia en información cinematográfica dende hai máis de 30 anos, gravarase en directo e con público dende as instalacións do Festival

BUEU. 12.08.2023. As voces de tres cineastas con películas que compiten na «Sección Oficial» do FICBUEU atoparanse mañá, a partir das 21.00 horas, nun coloquio no que falarán sobre creación cinematográfica. O encontro organizado polo Festival Internacional de Cinema de Bueu celebrarase tras a proxección das súas curtametraxes e permitirá ao público afondar nas películas e no seu proceso creativo.

Dúas das cineastas chegan do norte de Europa. Unha delas é a finlandesa Hanna Hovitie, directora e guionista de Square the Circle, unha comedia visualmente innovadora –enmarcada nun círculo en lugar do habitual cadrado fílmico– que fai autocrítica sobre o infinito, o espazo e a procrastinación nunha singular homenaxe a aquelas persoas que sinten que non pertencen. Estará acompañada no coloquio pola holandesa Nena van Driel, autora do guión de dúas das películas a concurso no certame: a que se proxectará mañá, Magma, de Luca Meisters, a historia dunha nena de 9 anos á que lle custa recoñecer a nova realidade da recente discapacidade do seu pai, e Ma mère et moi, a viaxe en coche e emocional dunha filla e a súa nai filmada por Emma Branderhorst, quen gañou na pasada edición o Premio do Público FICBUEU coa curta  Spotless

Hovitie e Van Driel conversarán tamén con Félix Brixel, profesor universitario e realizador galego que presenta no FICBUEU a súa primeira curta profesional. Ulises, historia dun home cun severo trastorno psicomotor que é coidado polo seu irmán e que un día decide enterrarse en vida, estivo nominada no Festival de Málaga e acadou os premios á mellor fotografía e á mellor dirección no de Cans.

Continúa tamén mañá o espazo «Cinema e Radio». O público do FICBUEU poderá asistir a partir das 18.00 horas á gravación en directo dun episodio do podcast «El Cine de LoQueYoTeDiga», que emite a Cadena SER. Dirixido por Nacho Gonzalo, o programa é un dos referentes radiofónicos de información cinematográfica en España dende hai máis de trinta anos, combinando sempre rigorosidade e entretemento. En Bueu, Gonzalo falará sobre o sector audiovisual e a programación do festival. A entrada é libre. 

  • O Festival Internacional de Cinema de Bueu abre a convocatoria para unha nova edición da Residencia FICBUEU.

    Bueu. 15/04/2025 – O 15 de abril abre a convocatoria para a recepción de proxectos. A través desta convocatoria, seleccionaranse cinco curtametraxes que participarán neste programa formativo e que terá lugar do 15 ao 21 de outubro. Un ano máis, a Illa de Ons acollerá ás persoas seleccionadas na III Residencia FICBUEU ofrecéndolles un ambiente […]

    2025-04-23
  • O FICBUEU abre a convocatoria de recepción de obras e presenta a súa 18ª edición.

    24/01/2025, Bueu. O Festival Internacional de Cinema de Bueu ten aberta a convocatoria de recepción de curtametraxes ata o 20 de abril. Como cada ano, o FICBUEU acollerá unha exquisita selección de obras chegadas de todo o mundo. Alén das proxeccións, o FICBUEU seguirá convidando ao público a participar en coloquios, encontros e actividades relacionadas […]

    2025-01-24
  • BUEU escolle a Mellor Curtametraxe Holandesa

    Bueu, 10/ 01/ 2025 – Shortcutz Amsterdam invita un ano máis ao público do FICBUEU a participar na elección da curtametraxe holandesa favorita do público. Shortcutz Amsterdam é un movemento internacional de curtametraxes que se converteu nunha das maiores plataformas dos Países Baixos para o cinema neerlandés. Esta plataforma brinda oportunidades de exhibición e conecta audiencias […]

    2025-01-10
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.