Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • Voces do Leste de Europa e de Galicia falan mañá sobre creación cinematográfica 
no FICBUEU •

Novas do festival

← Volver

Voces do Leste de Europa e de Galicia falan mañá sobre creación cinematográfica 
no FICBUEU

FICBUEU

A maternidade insatisfeita, a incomunicación, o silencio e a construción da identidade, temáticas dos curtos programados na cuarta sesión da “Sección Oficial”  

VOLVE A LUDOTECA FICBUEU PARA QUE NAIS E PAIS DESFRUTEN DA GRAN PANTALLA

Regresa a ludoteca FICBUEU, unha iniciativa desenvolvida en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade que se estreou na pasada edición do festival co obxectivo de facilitar a conciliación familiar, un tema recoñecido no ámbito laboral, pero non tanto cando se trata de lecer e cultura. 

Este espazo destinado a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, onde poden xogar e realizar actividades relacionadas co cinema, permite a nais e pais asistir ás sesións da “Sección Oficial” do festival. A ludoteca FICBUEU é un servizo gratuíto e estará aberta ata o venres 13 de 18.30 a 21.30 horas e o sábado 14, de 16.30 a 21.30 horas

PREME NESTE ENLACE PARA ACCEDER A MÁIS IMAXES

11.09.24. BUEU. As voces de dous cineastas e unha actriz cuxas curtametraxes compiten na “Sección Oficial” do Festival Internacional de Cinema de Bueu reuniranse mañá, a partir das 20.30 horas, nun coloquio co público do FICBUEU no que falarán sobre cine. O encontro terá lugar entre as dúas proxeccións programadas (ás 19.00 e ás 21.30 horas) e permitirá aos espectadores do festival coñecer máis sobre as películas e o seu proceso creativo e de produción.

Dous dos convidados de mañá proceden do leste de Europa. Os seus filmes veranse por primeira vez en España no FICBUEU. Trátase de Arnas Balčiūnas, director e guionista de Hablo dėsnis (A lei de Hubble), ficción que establece un paralelismo entre o principio físico ao que fai referencia no seu título -a distancia entre galaxias- e a historia que amosa: o illamento e a incomunicación dun mozo mudo que tenta encaixar cos seus novos compañeiros de traballo na construción sen conseguilo. O realizador estará acompañado no coloquio pola estoniana Maria Valk, actriz de Saab, unha curta dirixida pola artista independente Lisbeth Kala que, a través da viaxe en coche de varias persoas, investiga sobre a estética do aburrimento e sobre un silencio no que tamén é posible escoitar os seus desexos, soños e medos sen necesidade de palabras.

Retrato de persoas trans e non binarias

Balčiūnas e Valk conversarán tamén con Anxos Fazáns, directora galega que presenta no certame Habitar, unha curta documental sobre a construción da identidade a través do retrato íntimo de persoas transxénero e non binarias de Galicia que falan con honestidade de como o individuo se enfronta a un mundo no que as estruturas familiares do pasado se derrubaron. Fazáns, autora xa doutras curtas e dunha longametraxe, La estación violenta (2018), adaptación libre dunha novela homónima do xornalista e escritor pontevedrés Manuel Jabois, formou parte do xurado das seccións “GZ_00”, “Descubertas” e “Escolas Internacionais” na pasada edición do FICBUEU.

Unha curta animada e unha comedia dramática

A relación das películas que se proxectarán na sesión de mañá complétana dúas historias arredor da maternidade frustrada. Unha é unha curta de animación, The miracle, distinguida xa en dous dos festivais máis prestixiosos do mundo como son Annecy e Clermont-Ferrand. Esta coprodución de Bélxica, Francia e Países Baixos dirixida por Nienke Deutz preséntanos a unha muller que desexa ter fillos e non atopa o seu lugar nun resort no que só ve embarazadas. Faire un enfant é unha película canadense de comedia dramática, realizada e protagonizada por Éric K. Boulianne, que amosa unha parella que tras moitos anos xuntos decide ter un fillo e debe enfrontarse aos seus problemas de fertilidade ao tempo que tenta manter o seu amor e a súa unidade.

  • ÁBRESE A CONVOCATORIA PARA ESCOLAS E FACULTADES NO FICBUEU 2025

    Bueu, 15 de maio de 2025 — O FICBUEU abre a convocatoria para a Sección Escolas da súa 18ª edición. Esta sección está dedicada ao traballo audiovisual desenvolvido en centros de ensino, facultades e escolas de formación, e conta cun espazo propio dentro do certame desde hai varios anos. A Sección Escolas conta con tres categorías […]

    2025-05-15
  • O Festival Internacional de Cinema de Bueu abre a convocatoria para unha nova edición da Residencia FICBUEU.

    Bueu. 15/04/2025 – O 15 de abril abre a convocatoria para a recepción de proxectos. A través desta convocatoria, seleccionaranse cinco curtametraxes que participarán neste programa formativo e que terá lugar do 15 ao 21 de outubro. Un ano máis, a Illa de Ons acollerá ás persoas seleccionadas na III Residencia FICBUEU ofrecéndolles un ambiente […]

    2025-04-23
  • O FICBUEU abre a convocatoria de recepción de obras e presenta a súa 18ª edición.

    24/01/2025, Bueu. O Festival Internacional de Cinema de Bueu ten aberta a convocatoria de recepción de curtametraxes ata o 20 de abril. Como cada ano, o FICBUEU acollerá unha exquisita selección de obras chegadas de todo o mundo. Alén das proxeccións, o FICBUEU seguirá convidando ao público a participar en coloquios, encontros e actividades relacionadas […]

    2025-01-24
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.