Xurados


Luis E. Parés
Historiador e documentalista.
É autor do libro Notes sur l’emigration. Espagne 1960. Apunts per a una pel·lícula invisible. Foi programador para festivais como ZINEBI, Cine-Europes, Punto de Vista, Curtocircuíto ou o S8. Actualmente é o Director Artístico da Cineteca, forma parte do Consello de Redacción de Caimán, Cuadernos de Cine e do comité de programación do Festival Internacional de Cine de Sevilla. Imparte clases en diversas escolas audiovisuais, como ECAM, LAV, ou TAI. Foi guionista da película El futuro e como curtametraxista dirixiu Mi ideología. Variaciones sobre un concepto, El cadáver del tiempo, Aidez l’Espagne e Los conspiradores.


Manuela Lazic
Guionista, realizadora, actriz e crítica de cinema.
Licenciada en cinematografía pola King’s College London en 2016 e formada en interpretación na escola de arte dramático The Actors Temple, no Reino Unido. É cofundadora da produtora audiovisual Ça Existe Productions. Como cineasta dirixiu a curta Conversation e codirixiu os videoensaios Antonioni’s Cinema of Absence e Surviving memories. Dende 2015 realiza crítica cinematográfica en medios especializados como Little White Lies Magazine, The Ringer, Vague Visages, The Brag, RogerEbert.com, The Film Stage, Oscilloscope Musings, Birth.Movies.Death. ou IndieWire.


Sérgio Gomes
Programador de cinema.
Nado en 1977 no Porto, Portugal.
Estudou Optoelectrónica e Láseres na Facultade de Ciencias da Universidade do Porto. Desde 2001 colabora co festival Curtas Vila do Conde IFF – www.curtas.pt – onde actualmente é coordinador de programación, competicións e industria. É membro fundador do Porto/Post/Doc: Film & Media Festival – www.portopostdoc.com – onde actualmente é director executivo e programador.