Xurados


Sara Traba
Directora de cinema e guionista.
Licenciada en Historia da Arte pola USC e diplomada en Cinematografía en Bande À Part, Escola de Cinema de Barcelona, na especialidade de Dirección e Guión. Como directora, coa curtametraxe As vacas de Wisconsin, conseguiu seleccións en festivais internacionais como o Festival de Sitges, o Festival Ibérico de Cinema de Badajoz, o Cortada, o Bogoshorts, o Festival de Cans e no propio FICBUEU. Ademais, acadou os galardóns Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual e Gaudí de l’Academia do Cinema Catalá.


Helena Girón
Directora de cinema e guionista.
Licenciada en Comunicación Audiovisual, Máster de Guión de Cinema e TV da Universidade Carlos III, Máster de Montaxe Cinematográfica da ESCAC e docente en ECAM, EQZE e IFIC. Como curtametraxista os seus filmes foron programados en festivais internacionais coma Toronto International Film Festival, Locarno Film Festival, New York Film Festival, Festival de San Sebastián, Festival Internacional de Cine de Mar del Plata ou Rotterdam International Film Festival. A súa primeira longametraxe, Eles transportan a morte foi premiada, entre outros, en certames como a Biennale de Venezia, o Festival Internacional de Cine de San Sebastián, o Festival Cinespaña de Toulouse, e o Novos Cinemas – Festival Internacional de Cinema de Pontevedra.


Berio Molina
Director, guionista e artista.
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Máster en Artes Digitales por la Universitat Pompeu Fabra e Máster en Computer Graphic Design no Rochester Institute of Technology. Foi membro do colectivo de performances Flexo e coorganizador do Festival IFI. Formou parte do colectivo sobre as paisaxes sonoras e a auralidade aumentada Escoitar.org, da comunidade de arte e acción libre Alg-a e do colectivo de expresión escénica Intemperie. Ademais é coadministrador, xunto ao artista Isaac Cordal, do Netlabel Alg-a, selo de publicación na rede de traballos audio-experimentais. No ano 2011 funda Pumpun xunto a Chiu Longina, unha produtora adicada a proxectos multimedia.