Xurados


Pepe Coira
Guionista, docente e crítico de cine.
Licenciado en Xeografía e Historia pola USC e diplomado en Historia e Estética da Cinematografía pola Universidade de Valladolid. Foi crítico cinematográfico e redactor en El Correo Gallego; director do CGAI e profesor asociado na UVigo. Tamén ostentou o cargo de director de desenvolvemento e de subdirector da produtora Voz Audiovisual, así como o de xefe de desenvolvemento e produtor executivo de Filmax TV. Como guionista escribiu para os programas da TVG Extramuros e Luces da Cidade e as multipremiadas series de ficción Hierro e Rapa. Recentemente coescribe e codirixe a longametraxe Beiras. Vivir 2 veces.


Melania Cruz
Actriz.
Especializada en Interpretación Textual na ESAD de Galicia. Posteriormente cursa un Máster en Pedagoxía e Animación Teatral pola Universidade de Vigo. En 2012 funda xunto a catro profesionais ilMaquinario Teatro, compañía coa que reciben varios recoñecementos e participan en festivais nacionais e internacionais. No ano 2016 emprende un proxecto persoal xunto ao director e actor Tito Asorey: A Quinta do Cuadrante. En cine ten traballado en proxectos como A Esmorga, Sicixia, María Solinha, Dhogs, Arima, Contou Rosalía, Trote e Ons, recibindo numerosos premios en certames tanto nacionais como internacionais.


Luisa Romeo
Productora.
Graduada en EAVE en 2016, sendo seleccionada polo ICAA como a representante española en Producers on the Move na edición de 2018 do Festival de Cannes, así como en ACE Producers no ano 2021. Ademais, é membro da Academia de Cine, da Academia Galega do Audiovisual, do Clúster Audiovisual de Canarias e do Clúster Audiovisal de Galicia. Forma parte da xunta directiva da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI). En 2008 funda Frida Fims, coa que ten producido títulos como Trote, Gallo, María (y los demás), The Walker, El arca de Noé, Los increibles e La mujer del eternauta.