Xurados


Álvaro Dosil
Docente.
Doctorando en Cinema e Educación pola USC baixo o grupo de investigación Terceira Xeración; director do Melonafest, do proxecto Portas do Camiño, Portas da Cultura, colaborador do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto e de diversos festivais de música galegos. Ademais, é delegado na área de educación da Coordinadora del Cortometraje Español. O seu traballo especialízase na relevancia e impacto do cine na educación, poñéndoo en valor como instrumento pedagóxico.


Olalla González
Escritora e docente.
Diplomada en Maxisterio, na especialidade de Educación Primaria. É especialista en animación á lectura, mestra, narradora e imparte talleres de plástica e literatura. Traballou na librería Libros para soñar, no departamento de edición de Kalandraka, e coordinou o espazo LoboCoxo en Bueu. Como autora adaptou o conto tradicional Garavanciño e escribiu Chibos Chibóns e Un máis, gañador do XV Premio Frei Martín Sarmiento.


Sergio Clavero
Produtor e docente.
Licenciado en Belas Artes pola Universidade do País Vasco na especialidade de Audiovisuais. Foi produtor e director das empresas ZEHAR Animación e Pilgrim Producciones. Actualmente é profesor asociado da USC, profesor de secundaria na especialidade de Debuxo no IES Cacheiras e creador e responsable do proxecto educativo de formación e creación audiovisual Aturuxo Films, Premio de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Educación 2014.