A SEGUNDA RESIDENCIA FICBUEU ESTARÁ TITORIZADA POLA CINEASTA ESTIBALIZ URRESOLA

Carmen Ávalos, Tábata Cerezo, Lucía Delgado e Beli Martínez completan o equipo de formación

Bueu 06/05/2024 — A II edición da Residencia FICBUEU, que terá lugar durante o mes de outubro, anuncia hoxe o equipo de profesionais que acompañarán ás e aos residentes durante a súa estancia na Illa de Ons. O programa formativo, dedicado ao tratamento integral de curtametraxes na súa etapa de desenvolvemento, contará novamente con diferentes figuras de prestixio da industria cinematográfica, que acompañarán e titorizarán persoalmente cada proxecto.

Nesta ocasión, o equipo formativo estará encabezado pola directora e guionista Estibaliz Urresola coma titora. Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade do País Vasco e en Montaxe Cinematográfica pola ECIT, a súa ópera prima, 20.000 especies de abejas, proxectada durante a pasada edición do FICBUEU, foi galardoada nos Premios Goya deste ano cos premios a Mellor Dirección Novel e Mellor Guión Orixinal. Ao longo dunha semana, a directora alavesa levará a cabo sesións individuais con cada unha das autoras e autores para a revisión das obras e o seu avance.

Ademais das titorías individuais e espazos de de intercambio grupal con Urresola, as e os residentes terán acceso a tres formacións específicas en distintas materias para fortalecer os seus proxectos: guión con perspectiva de xénero impartida por Carmen Ávalos. Doutora, guionista e antropóloga con ampla experiencia en cinema e docencia. Impartiu diversos seminarios e cursos sobre como escribir guións con perspectiva de xénero, sendo un referente a nivel nacional; a importancia da coordinación de intimidade nunha rodaxe da man de IntimAct (Tábata Cerezo e Lucía Delgado). Fundada en 2021, IntimAct convértese nun proxecto pioneiro na coordinación da intimidade en España, sendo das primeiras profesionais certificadas como tal no noso territorio; e primeiros pasos tras a finalización dun guion impartida por Beli Martínez. Doutora en Comunicación Audiovisual e produtora fundadora de Filmika Galaika, converténdose nunha das maiores impulsoras do Novo Cinema Galego.

Estibaliz Urresola
IntimAct
Beli Martínez
Carmen Ávalos

Rematado o programa, a organización seleccionará novamente un dos guións participantes para o seu desenvolvemento e produción, que se levará a cabo a través dun acordo de colaboración cunha productora galega.

O período de recepción de propostas xa está aberto e estenderase ata o próximo 15 de maio. Toda a información e documentación sobre a convocatoria está dispoñible na páxina www.ficbueu.com/residencia

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.