Seccións competitivas
ABELLÓN
FON CORTIZO – 2024 / ESPAÑA (GALICIA)
Álex trata de entender o seu lugar no mundo, a súa masculinidade, o papel nos coidados, os ruídos nos soños do seu avó centenario. Lucía é cega de nacemento. Guía a Álex.
SHADOWS / SOMBRAS
RAND BEIRUTY – 2024 / FRANCIA-XORDANIA
Nun aeroporto repleto, Ahlam, unha nai de 14 anos, foxe de Bagdad, o único lugar que coñece. Mentres loita contra as sombras que a axexan, reflexiona sobre a súa viaxe para recuperar a súa vida.
2006
GABRIELLA CHOUIEFATY – 2024 / FRANCIA-LÍBANO
En 2006, mentres os proxectís israelís choven incesantemente sobre Beirut, Sariah (13), súa irmá maior Nayla e súa nai refúxianse nas montañas, asegurándose de non mencionar a guerra que asola Líbano. As tensións entre as tres mulleres non tardan en rexurdir, e a rivalidade entre as dúas irmás aumenta cando o noivo de Nayla lle fai unha visita
PERCEBES
ALEXANDRA RAMIRES, LAURA GONÇALVES – 2024 / PORTUGAL-FRANCIA
Co mar e o Algarve urbano como telón de fondo, seguimos un ciclo completo da vida dun marisco especial chamado percebe. Dende a súa formación ata o prato, atravesamos diferentes contextos que nos permiten comprender mellor esta rexión e a quen a habitan.
EN HJÄLTES DÖD / MORTE DUN HEROE
KARIN FRANZ KÖRLOF – 2024 / SUECIA
Nunha pequena aldea onde a xente non parece ter suficiente entretemento, un mozo é contratado para facer equilibrios sobre a súa cabeza no alto da torre da igrexa para logo caer ao chan e morrer. Se o fai, recibirá unha grande gantidade de diñeiro. A xente reúnese entusiasmada na igrexa para ver ao mozo realizar a tarefa. Todo remata nun par de segundos. Para consternación de todos, o mozo morre de verdade.
HIPPOCAMPUS
XAIME MIRANDA MÉNDEZ – 2024 / ESPAÑA (GALICIA)
Tomás, un home vello atrapado na lembranza dunha tarde con Marta, o seu amor platónico, usa un dispositivo experimental para revivir ese momento e enfrontarse aos seus arrepentimentos.
TAKO TSUBO
EVA PEDROZA, FANNY SORGO – 2024 / AUSTRIA-ALEMAÑA
O Sr. Ham decide que lle extraian o corazón para liberarse dos seus sentimientos complicados. O médico asegúralle que, nos tempos que corren, iso xa non supón ningún problema. Porén, Ham conserva o seu corazón un tempo despois da extracción, coa esperanza de, quizais, chegar a comprendelo mellor. Tako Tsubo é unha reflexión animada surrealista sobre os xeitos de xestionar as emocións na meritocracia.
ESTE NO ES TIEMPO PARA CARNAVAL / ESTE NON É TEMPO PARA ENTROIDO
TADEO PESTAÑA CARO, KEVIN HAVAS – 2025 / ARXENTINA
ESTE NO ES TIEMPO PARA CARNAVAL / ESTE NON É TEMPO PARA ENTROIDO
TADEO PESTAÑA CARO, KEVIN HAVAS – 2025 / ARXENTINA
Joaco percorre os barrios de Salta na súa motocicleta vendendo películas piratas. Nas vésperas do Entroido, coñece a Martina, a filla dun dos seus clientes, e atópase atrapado na investigación dunha serie de roubos que axexan aos repartidores do centro da cidade.
ROSE
ANNIKA MAYER – 2024 / ALEMAÑA
Unha curtametraxe sobre a invisibilidade da violencia doméstica. Mentres ve películas en Super8 sobre a súa aparentemente idílica vida familiar na Alemaña dos anos 60, a avoa da directora, Rose, describe a realidade de vivir cun marido violento.
HOUSEWARMING / FESTA DE BENVIDA
LIAM WHITE – 2024 / REINO UNIDO
Saskia acaba de mudarse á súa primeira casa, pero o seu soño verase empañado por unha chegada inesperada.
PATIOS DE LUZ
FRAN RODRÍGUEZ CASAL – 2024 / ESPAÑA (GALICIA)
Patios de luz é unha viaxe, un diario de vida sobre a emigración rural ás cidades. O camiño que vai dende a aldea ó barrio dunha cidade é o punto de partida, dende os eirados ata os patios de luces. Narrado cunha linguaxe poética que se fixa nos matices, nos cambios visuais, na luz, buscando imaxes íntimas e espontáneas como a vida, os patios de luces convértense en anfiteatros comunitarios para aquelas que non volveron.
MOON LAKE
JEANNIE SUI WONDERS – 2024 / ESTADOS UNIDOS
Ambientada nos suburbios de Michigan a mediados da década dos 2000, Tess, unha estudante de secundaria reservada e rara, mancha o chan nunha festa de pixamas mentres explora un novo círculo social.
O
RÚNAR RÚNARSSON – 2024 / ISLANDIA-SUECIA
O é unha historia humanista e poética sobre un home fráxil tentando conseguir unha tarefa sinxela onde o seu principal obstáculo está dentro de si mesmo.
THE CAR THAT CAME BACK FROM THE SEA / O COCHE QUE VOLVEU DO MAR
JADWIGA KOWALSKA – 2023 / SUÍZA
Cheos de exuberancia e frivolidade, seis amigos van e volven á costa báltica polaca nun coche pequeno e abolado. Durante a viaxe, o coche e o país esborrállanse. Porén, a vida continúa. A súa viaxe mestúrase con lembranzas e instantáneas do pasado.
HELLO STRANGER / OLA, DESCOÑECIDO
AMÉLIE HARDY – 2024 / CANADÁ
Entre coada e coada na lavandería da esquina, Cooper comparte a tumultuosa historia do seu cambio de género.
THE EGGREGORES’ THEORY / A TEORÍA DOS EGREGORES
ANDREA GATOPOULOS – 2024 / ITALIA
Non lembra moito daquela época. As cousas foron esvaecéndose, como a cor dun cadro despois de recibir demasiada luz. O único que o molesta é esta música. Segue aparecendo… Cre ter esquecido xa o que significaba. O único que sabe con certeza é que non sacala da cabeza.
CAMPOLIVAR
ALICIA MONCHOLÍ – 2024 / ESPAÑA
Realidade e imaxinación mestúranse nun descenso á infancia da directora durante o regreso ao último espazo onde estivo con seu pai, a casa de Campolivar.
KE WAI HUO DONG / ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR
XU YIDAN, DEAN WEI – 2024 / CHINA
Dous estudantes de instituto, un mozo e unha moza, atópanse a mercé dun dos seus pais logo dun accidente nocturno. Ao longo dunha soa noite, o silencio pende sobre os personaxes mentres reflexionan sobre as súas accións, que poden ter consecuencias sociais maiores. A nai vese obrigada a tomar decisións polos dous menores, un dos cales é seu propio fillo. Segundo avanza a noite, faise evidente que é imposible “facer o correcto”.
1 HIJO & 1 PADRE / 1 FILLO & 1 PAI
ANDRÉS RAMÍREZ PULIDO – 2024 / COLOMBIA-FRANCIA
Kevin é visto como un mozo problemático. É certo que tende a perder os nervios cando se burlan del. Tras outro incidente, vese obrigado a participar nunha sesión de terapia condutual só para homes. Kevin debería ir con seu pai, que se nega a acudir. É o padrasto de Kevin, que se parece máis a seu irmán pequeno, quen é nomeado para ir con el.
AMARELA
ANDRÉ HAYATO SAITO – 2024 / BRASIL
São Paulo, xullo de 1998. O día da final da Copa do Mundo entre Brasil e Francia, Erika Oguihara (Melissa Uehara), unha adolescente xaponesa-brasileira que rexeita as tradicións da súa familia, está ansiosa por celebrar un título mundial para o seu país. En medio da tensión do partido, Erika experimenta unha violencia que parece invisible e somérxese no doloroso mar de emocións.
LINNUD LÄINUD / MARCHAN CON ÁS CANSAS
ANU-LAURA TUTTELBERG – 2024 / ESTONIA-LITUANIA
Un poema invernal sobre a natureza nórdica. O sol baixa e os días fanse máis curtos. Os paxaros voan cara ao sur, os animais de porcelana e os insectos agóchanse do vento xeado e a neve. Só unha pequena nena de porcelana vaga pola paisaxe abandonada sen saída.
DOMINGO FAMILIAR
GERARDO DEL RAZO – 2025 / MÉXICO
Nunha unidade habitacional da Cidade de México, unha parella de criminais tenta extorsionar aos comerciantes locais, pero os veciños, fartos dos abusos, únense para detelos.
FURIA
FRAN MORENO BLANCO, SANTI PUJOL AMAT – 2025 / ESPAÑA
Eric vive nun centro de menores. Trata de reconstruír a relación coa súa nai para volver vivir con ela cando cumpra 18. Cando ela non acode a visitalo, escapa para ir á súa casa. Alí descobre que ela ten unha nova familia e que refixo a súa vida sen el.
BAD FOR A MOMENT / MALO POR UN ANACO
DANIEL SOARES – 2024 / PORTUGAL
Un evento de “Team Building” sae mal e enfronta ao propietario dun estudo de arquitectura co barrio de clase baixa que a súa empresa está a aburguesar.
EL PRÍNCEP / O PRÍNCIPE
ÀLEX SARDÀ – 2024 / ESPAÑA
Hoxe é día de estrea e Artur, fillo dunha familia burguesa e bailarín nunha compañía de danza contemporánea, actúa como o príncipe dun reino feito á súa medida. Todo cambia cando seu pai é arrestado por corrupción nun escándalo inmobiliario. Artur deberá decidir entre protexer á súa familia encubrindo a seu pai ou enfrontar as consecuencias de renunciar aos seus privilexios.
HIMMEL WIE SEIDE. VOLLER ORANGEN / CEO COMO SEDA. CHEO DE LARANXAS
BETINA KUNTZSCH – 2024 / ALEMAÑA
Na primavera de 1990, entre a caída do Muro de Berlín e a reunificación alemá, os cidadáns da antiga RDA voan cara a Mallorca. Para moitos alemáns do Este, Mallorca é un lugar anhelado, coñecido polas coloridas postais que mandaban os seus parentes da Alemaña Occidental. De súpeto, todo parece posible.
400 CASSETTES / 400 CASETES
THELYIA PETRAKI – 2024 / GRECIA-ALEMAÑA
Tras unha lección sobre arqueólogos cósmicos e unha pelexa de auga no patio do colexio, Elly róuballe a alma a Faye e esta faille un agasallo de aniversario pouco común. Pero entón, baixo un ceo cheo de estrelas, unha canción do pasado lembrará ás nenas que nada dura realmente para sempre.
EL BANNER / O BÁNER
TOMÁS TERZANO – 2025 / ARXENTINA-ESPAÑA
O báner está mal, o báner non chega a tempo e o evento non pode arrincar sen o báner. Isto é o que atormenta a Rafael Crivelli, o dono dunha editorial pequena que precisa que o báner estea corrixido e a tempo para o evento que está por levar a cabo cos seus novos socios. Na voráxine por ter o báner en tempo e forma, termina por involucrar aos seus fillos, talvez como escusa para poder ser sincero con eles por vez primeira.
