Convocatoria de participación no FICBUEU 2024 para escolas e facultades

Bueu, 30 de abril de 2024 — O FICBUEU anunciou hoxe a apertura da convocatoria da súa sección escolas para a 17ª edición do festival. Tratase dunha sección que dende hai varios anos configura un espazo dentro do certame adicado ao traballo audiovisual que se está a realizar nos centros de ensino e nas facultades e centros de formación. 

A Sección Escolas conta con tres categorías competitivas: Educación Especial, Infantil e Primaria e Educación Secundaria (ambas para os centros galegos) e Facultades e Escolas de Cinema (aberta tanto a institucións internacionais como de toda Galicia).

As bases da convocatoria e o formulario de inscrición das curtametraxes poden atoparse na páxina www.ficbueu.com/minific que permanecerá dispoñible dende o 1 de maio ata o 20 de xuño, día no que pecha a participación.

Poderán inscribirse todas as obras audiovisuais realizadas durante os cursos escolares 2022/2023 e 2023/2024 que non teñan participado no certame en pasadas edicións e pertenzan a calquera centro de ensino, facultade ou escola de formación audiovisual con sede na comunidade galega, coa excepción das escolas de cinema internacionais.

As obras seleccionadas para conformar a Sección Escolas FICBUEU 2024, serán anunciadas no mes de agosto de 2024 e poderán optar a un dos catro premios da sección: Mellor Curtametraxe de Educación Especial Infantil e Primaria (Trofeo e material audiovisual por valor de 150€) Mellor Curtametraxe de Educación Secundaria (Trofeo e material audiovisual por valor de 150€) Mellor Curtametraxe de Escolas Internacionais (Trofeo e 250€) e Mellor Curtametraxe de Escolas de Imaxe e Son e Facultades Galegas (Trofeo e Formación audiovisual por valor de 250€).

As curtas gañadoras coñeceranse durante Gala Escolas Galegas FICBUEU 2024 que terá lugar en setembro durante a semana do MiniFIC en colaboración con Kalandraka e a Fundación Novas.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.