

CINEMA E RADIO: KINÓTICO
MARTES 12 ÁS 18:00 H / PUNTO DE ENCONTROKinótico é un programa de radio que comeza en 2016 en Onda Cero co obxectivo de cubrir a información cinematográfica e seriéfila. Centrado no mundo audiovisual, aporta unha visión informativa e entretida atendendo a tres aspectos: os contidos, a vertente pública destes contidos e a industria. Dende o seu inicio, conformouse como un dos programas clave en español sobre o tema. Actualmente, o podcast compleméntase cun medio de prensa online que cobre as últimas noticias. O martes 12 poderemos asistir á gravación dun dos seus episodios en directo.