

ENCONTRO: 20.000 ESPECIES DE ABEJAS
SÁBADO 9 ÁS 19:00 H / SALA MULTIUSOSEncontro con Izaskun Urkijo, encargada da estética do filme 20.000 especies de abejas dende a disciplina de dirección de arte. A tamén directora de arte, Elia Robles, dirixirá este encontro no que Izaskun falará sobre o seu papel na creación estética desta obra en que o descubrimento da identidade de Cocó se mestura co entorno rural vasco, centrándose na creación e planificación estética do filme.
Izaskun Urkijo, graduada en Arquitectura e diplomada en Urbanismo, é a directora de arte de 20.000 especies de abejas. Entre a súa filmografía, destaca o seu traballo nesta disciplina nas longametraxes Ane e Errementari, así como das curtas El carné e Mother.
Elia Robles Castrillo, licenciada en Comunicación Audiovisual, especializouse na área de Direción de Arte. Ten traballado como Directora de Arte en filmes como Tratamos demasiado bien a las mujeres (en posprodución), As Neves (en posprodución), a serie A Espía (para RTP e TVG) e dos filmes Malencolía e Ons de Alfonso Zarauza.