As mellores curtas neerlandesas no FICBUEU

O venres 12 de xaneiro chega a Bueu o Premio Internacional do Público do Shortcutz Amsterdam

Bueu. 4/01/2023 – Shortcutz Amsterdam é unha das principais plataformas dos Países Baixos para o talento emerxente do cinema neerlandés, brindando oportunidades de exhibición, conectando cunha audiencia nacional e internacional e facilitando as relacións entre profesionais da industria. Cada ano, en colaboración con outras institucións e festivais de todo o mundo, Shortcutz Amsterdam convida ao público internacional a escoller a súa curtametraxe neerlandesa favorita do ano. 

Ata o 19 de xaneiro, as persoas interesadas poden asistir ás proxeccións que se levarán a cabo en todo o mundo, desde Berlín e Londres ata Atenas ou Maputo, pasando por Galicia por primeira vez. 

Será o venres 12 de xaneiro ás 21:00h cando o FICBUEU acolla a proxección dos seis filmes que optan ao premio. O evento terá lugar no Centro Social do Mar de Bueu, onde se celebra o certame cada ano. Para asistir é preciso mercar entrada a través da tenda web do festival bueuense (www.ficbueu.com/tenda) ou no despacho de billetes do auditorio da vila a partir das 20:30h. 

Durante a proxección, a organización proporcionará á audiencia papeletas para participar na votación global e escoller a mellor curtametraxe. A gañadora xeral revelaráse na cerimonia de entrega de premios do 11º Shortcutz Amsterdam o 21 de xaneiro de 2024. 

AS CURTAMETRAXES 

Os filmes que conforman a sesión foron seleccionadas polo xurado de Shortcutz Amsterdam, con personalidades destacadas da industria cinematográfica como o produtor Jan Harlan (‘The Shining’), Christopher Mack de Netflix International Originals, a actriz Elise Schaap (‘Ferry’), o director Roel Reiné (‘Marvel’s Inhumans’), a actriz Willeke van Ammelrooy (‘Antonia’s Line’), o director Eddy Terstall (‘Simon’), a Xefa de Drama NTR Marina Blok, o ex programador sénior de Eye e xefe de adquisicións René Wolf, a actriz Nora El Koussour (‘Layla M’) e o artista Laser 3.14. 

Este equipo escolleu un total de seis curtametraxes de diferentes xéneros entre as que se atopa a futura gañadora do Premio á Mellor Curtametraxe Neerlandesa de 2023: 

  • A CAPPELLA IN D MINOR, Malu Janssen | Drama | 20’00’’ 

Durante unha calorosa tarde de verán, Stella e o seu ex, Paul, reciben aos pais da moza do seu fillo, Annelies e Rindert, para cear no seu xardín. Axiña queda claro que a cita foi axendada para responder a unha pregunta dos fillos: poden durmir xuntos? Conforme cae a noite e os pais tentan formular unha resposta xuntos, este breve drama enfróntaos ás súas propias experiencias, proxeccións e á idea de crianza. 

  • FLY, Patty Stenger | Animación | 02’25’’ 

Margot é coidada meticulosamente pola súa filla. Pero a Margot non lle gusta sentarse no sofá cun vestido resistente ás manchas, agardando a súa morte. Quere outro home na súa vida! Achégase aos homes a través de anuncios no xornal. Quere bailar! E fumar! E beber! A súa filla acende unha vela polo seu finado pai cada día e espanta enfadada aos homes da casa. Tamén trata de desfacerse do crecente número de moscas. En van, as moscas resultan ser amigas de Margot. E voará.

  • GNOMES, Ruwan Heggelman | Terror | 05’56’’ 

Sen sabelo, unha moza entra no hábitat dunha tribu de gnomos asasinos durante a súa carreira diaria. Atraída por misteriosos cogomelos brillantes, axiña desexará ter quedado nas súas rutas habituais…

  • I’M NOT A ROBOT, Victoria Warmerdam | Ciencia-ficción. Comedia | 20’00’’ 

Despois de varios intentos fallidos de completar un Captcha, a feminista Lara propóñese responder á perturbadora pregunta de se é un robot e, polo tanto, comprada polo seu propio mozo.

  • JAMMED, Isis Cabolet | Drama | 17’24’’ 

Edith, de 70 anos, que caeu no illamento social e mental, entra en contacto cun mozo igualmente solitario, e aínda que non teñen absolutamente nada en común, o encontro aviva o entusiasmo de Edith pola vida.

  • NEW BABYLON, Gideon van der Stelt | Experimental | 20’00’’

Unha cidade imposible constrúese con enormes aros xiratorios, guiando as vidas dos seus solitarios habitantes. New Babylon segue a tres personaxes que levan vidas separadas e é unha viaxe visual a través dunha noite opresiva na que a vida contemporánea e individualista reflectida nunha metrópole circular.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.