A Residencia FICBUEU recibe o apoio do Ministerio de Cultura

A primeira edición do programa de mellora de guións de curtametraxe é un dos proxectos beneficiarios das axudas para a acción e promoción cultural.

Bueu, 14 de decembro de 2023 – A dirección xeral das industrias culturais, propiedade intelectual e cooperación, dependente do Ministerio de Cultura, publicou hoxe a resolución definitiva das axudas para a acción e promoción cultural correspondentes ao ano 2023.

Estas axudas teñen por obxecto a modernización e profesionalización do sector cultural e creativo a través de actividades e proxectos específicos que contribúan á consecución das seguintes finalidades:

  • Fomentar o uso das novas tecnoloxías na creación e difusión de contidos, produtos e servizos culturais.
  • Incrementar a profesionalización das industrias culturais e creativas e a súa capacidade para xerar emprego potenciando a formación, así como mellorar a igualdade de xénero nas Industrias Creativas e Culturais.
  • Fomentar a internacionalización da cultura española e a súa inclusión en redes europeas de oferta cultural, potenciando a España como destino turístico cultural.
  • Estimular a participación do sector privado na financiación de proxectos culturais, fomentar o mecenazgo cultural, a integración, a vertebración, as asociacións sectoriais e as redes dentro do sector cultural.
  • Favorecer os vínculos e a cooperación e comunicación cultural entre as Comunidades Autónomas; ou contribuír ao equilibrio territorial da oferta cultural en España, especialmente a través de proxectos no medio rural.
  • Favorecer a diversidade cultural, así como impulsar a proxección social da cultura e a sustentabilidade medioambiental, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Entre os case noventa proxectos seleccionados atópase a primeira edición da Residencia FICBUEU, programa ao que lle foron concedidos 15.000€. Este financiamento non só contribuíu a desenvolver todas as fases de produción do programa senón que abre a porta a unha segunda edición e á consolidación do proxecto a nivel estatal.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.