
Neste sentido, a través de dúas liñas de actuación, colaboramos nos últimos anos con diversas entidades de iniciativa social, como o Centro Príncipe Felipe, a Fundación Secretariado Xitano, a Fundación Igual Arte, ADICAM (Asociación de Diagnosticadas e Diagnosticados de Cáncer de Mama de Cangas), Xuntos Asociación Síndrome de Down, Asociación Juan XXIII, Asociación Con Eles, Fundación Menela ou a Asociación Érguete Vigo.
Tamén traballamos con administracións públicas como a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias no Centro de A Lama, o Servizo Galego de Saúde no Hospital Álvaro Cunqueiro, a Consellería de Educación nos centros de educación especial CEE Vilagarcía e CEE Panxón (dirixidos a persoas con Trastorno Grave da Conduta) ou a Secretaría de Estado de Servizos Sociais no CPAP Bergondo (Centro de Promoción da Autonomía), entre outras.
Algunhas das curtametraxes creadas dende a Área social FICBUEU foron:
