Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • Ábrese o prazo para presentar obras ao 16º Festival Internacional de Cinema de Bueu •

Novas do festival

← Volver

Ábrese o prazo para presentar obras ao 16º Festival Internacional de Cinema de Bueu

FICBUEU

A recepción prolongarase ata o 15 de marzo ás 14:00h e os traballos seleccionados proxectaranse no FICBUEU 2023 do 9 ao 23 de setembro

Bueu, 15 de decembro de 2022. O FICBUEU vén de abrir o prazo para a presentación de obras á 16º edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu (Pontevedra), que se desenvolverá entre o 9 e o 23 de setembro. As bases, dispoñibles na páxina web do certame, contemplan ata cinco seccións competitivas (sen ter en conta a futura convocatoria para a Sección Escolas Galegas) seguindo a pauta da anterior edición do certame, que se saldou un ano máis cun grande éxito de público.

Ata o 15 de marzo permanecerá aberto o prazo para o envío de curtametraxes, que un ano máis deberá realizarse a través da plataforma Shortfilmdepot cunha taxa de inscrición de 2€. Poderán presentarse traballos de calquera xénero estreados a partir do 1 de xaneiro de 2022, cunha duración que non supere os 30 minutos. En xuño daranse a coñecer as obras seleccionadas, que optarán a máis de 5.500 euros en premios tendo tamén en conta os destinados a centros educativos galegos, para os que se lanzará unha convocatoria específica previsiblemente no mes de maio.

Todos os traballos presentados competirán por entrar nas seccións: Oficial, España, Galicia, Descubertas e Escolas Internacionais, conformando grande parte da programación de proxeccións do e o palmarés do FICBUEU 2023. En paralelo haberá tamén outros cinco apartados non competitivos: Retrospectiva, Curtas en familia, Cativa, Infantil, Xuvenil. Ademais, as e os asistentes votarán in situ para o aclamado Premio do Público.

O obxectivo do Festival Internacional de Cinema de Bueu é contribuír á difusión cinematográfica, non só coa promoción das mellores curtamertaxes realizadas no último ano no ámbito internacional senón tamén levando a cabo actividades relacionadas co cinema máis aló do evento. 

Actualmente a organización está a traballar na configuración dun programa que continúa na liña establecida o ano pasado e que incluirá múltiples actividades de carácter cinematográfico e cultural. A isto engádense diferentes eventos e as accións da Área Social do FICBUEU, que xa comezarán en breve con diferentes colectivos.

Podes consultar as bases do FICBUEU 2023 no apartado de información da web.

  • ÁBRESE A CONVOCATORIA PARA ESCOLAS E FACULTADES NO FICBUEU 2025

    Bueu, 15 de maio de 2025 — O FICBUEU abre a convocatoria para a Sección Escolas da súa 18ª edición. Esta sección está dedicada ao traballo audiovisual desenvolvido en centros de ensino, facultades e escolas de formación, e conta cun espazo propio dentro do certame desde hai varios anos. A Sección Escolas conta con tres categorías […]

    2025-05-15
  • O Festival Internacional de Cinema de Bueu abre a convocatoria para unha nova edición da Residencia FICBUEU.

    Bueu. 15/04/2025 – O 15 de abril abre a convocatoria para a recepción de proxectos. A través desta convocatoria, seleccionaranse cinco curtametraxes que participarán neste programa formativo e que terá lugar do 15 ao 21 de outubro. Un ano máis, a Illa de Ons acollerá ás persoas seleccionadas na III Residencia FICBUEU ofrecéndolles un ambiente […]

    2025-04-23
  • O FICBUEU abre a convocatoria de recepción de obras e presenta a súa 18ª edición.

    24/01/2025, Bueu. O Festival Internacional de Cinema de Bueu ten aberta a convocatoria de recepción de curtametraxes ata o 20 de abril. Como cada ano, o FICBUEU acollerá unha exquisita selección de obras chegadas de todo o mundo. Alén das proxeccións, o FICBUEU seguirá convidando ao público a participar en coloquios, encontros e actividades relacionadas […]

    2025-01-24
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.