O FICBUEU renova a súa imaxe

A nova proposta inclúe tamén un sutil cambio de nome e unha nova tipografía

FICBUEU naceu no ano 2008 coa intención de achegar e de dar a coñecer o mellor do formato curto ao público, crecendo de forma progresiva con cada edición. 11 anos despois, crearíanse a Asociación Cultural Cinematográfica FICBUEU e a Área Social FICBUEU, supoñendo un importante fito na evolución do festival ao fortalecer a súa organización e ampliar as súas actividades durante todo o ano.

Anterior logo do FICBUEU
Alfonso Agra coa ánfora do Premio Cinema Galego do FICBUEU 2021

Desde os seus inicios, a imaxe orixinal do festival estaba baseada na ánfora romana de San Martiño de Bueu, peza destacada do Museo Massó cargada de simbolismo e moi representativa da zona, converténdose á súa vez no galardón dos premiados.

Este 2022 e a seis meses da 15ª edición, o FICBUEU presenta a súa nova imaxe composta por un cambio de nome, un novo logotipo e unha nova tipografía que reúnen o carácter do festival e o seu contexto.

A pesar de que continuará centrándose nas curtametraxes, o FICBUEU pasará a denominarse Festival Internacional de Cinema de Bueu, abarcando así todas as súas actividades e non só aquelas relacionadas co formato curto.

O novo deseño de logotipo realizado por Uqui Permui aúna a esencia do FICBUEU, dando paso a unha imaxe máis actual vinculada non só ao cinema, senón tamén á xeografía de Bueu a través das súas formas redondeadas.

Deseño de Uqui Permui

O logotipo chega ademais acompañado dunha nova tipografía, chamada ‘Isaac Sans’ e creada por Marcos Dopico. Esta nova fonte debe o seu nome a todo un referente artístico da nosa cultura como é Isaac Díaz Pardo e está inspirada na tipografía de Sargadelos e no Laboratorio de Formas de Galicia.

Tipografía Isaac sans de maistypes.com – Marcos Dopico

Estes tres cambios renovan por completo a imaxe do festival dando paso á 15ª edición, que se celebrará do 11 ao 24 de setembro e que virá cargada de novidades no programa que se irán desvelando co paso dos meses.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.