Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • O actor Alfonso Agra recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2021 •

Novas do festival

← Volver

O actor Alfonso Agra recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2021

FICBUEU

  • O galardoado, coñecido polos seus papeis en numerosas series galegas, manterá un encontro co público no marco do festival.

O actor arzuán Alfonso Agra recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2021, galardón que recoñece a traxectoria de profesionais da industria audiovisual galega e que anteriormente recibiron intérpretes como Antonio Durán ‘Morris’, Mabel Rivera, Luis Zahera ou Melania Cruz. Ademais, o homenaxeado manterá un encontro co público no que se desvelarán algunhas das facetas máis descoñecidas da súa dilatada carreira.

Alfonso Agra iniciouse no mundo da interpretación nos anos 80 da man da compañía viguesa Artello. Durante dúas décadas alternou os traballos neste grupo teatral con espectáculos do Centro Dramático Galego, como Os vellos non deben de namorarse, amais de coprotagonizar posteriormente a aclamada O florido pénsil. No entanto, é coñecido sobre todo polos seus papeis en series galegas como Pratos Combinados, Mareas Vivas ou Serramoura.

Agra ten tamén experiencia como presentador, tanto de informativos como de programas de entretemento. No eido da dobraxe púxolle voz a personaxes tan populares como Yamcha, de Dragon Ball. Na gran pantalla, vímolo nos filmes Entre bateas e Días de voda, alén doutros moitos. Nos últimos anos, afianzou a súa traxectoria sumándose ao reparto de series autóctonas con proxección internacional, entre as que destacan Fariña, na que interpretaba ao narco Manuel Bustelo, e recentemente a produción de Netflix El desorden que dejas.

Estas e outras moitas facetas do actor, como o seu paso polo mundo da curtametraxe, abordaranse no ‘Encontro con Alfonso Agra’, que se celebrará o sábado 18 de setembro ás 11 horas no Punto de Encontro do FICBUEU, situado na sala multiusos do Centro Social do Mar. O realizador marinense Gaspar Broullón será o encargado de conducir a entrevista en profundidade co merecedor do Premio Cinema Galego, a quen ás e os asistentes tamén poderán lanzarlle as súas preguntas. Será na penúltima xornada do 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se desenvolverá desde o día 10 cun amplo abano de actividades.

  • O FICBUEU abre a convocatoria de recepción de obras e presenta a súa 18ª edición.

    24/01/2025, Bueu. O Festival Internacional de Cinema de Bueu ten aberta a convocatoria de recepción de curtametraxes ata o 20 de abril. Como cada ano, o FICBUEU acollerá unha exquisita selección de obras chegadas de todo o mundo. Alén das proxeccións, o FICBUEU seguirá convidando ao público a participar en coloquios, encontros e actividades relacionadas […]

    2025-01-24
  • BUEU escolle a Mellor Curtametraxe Holandesa

    Bueu, 10/ 01/ 2025 – Shortcutz Amsterdam invita un ano máis ao público do FICBUEU a participar na elección da curtametraxe holandesa favorita do público. Shortcutz Amsterdam é un movemento internacional de curtametraxes que se converteu nunha das maiores plataformas dos Países Baixos para o cinema neerlandés. Esta plataforma brinda oportunidades de exhibición e conecta audiencias […]

    2025-01-10
  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido