Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • O FICBUEU pecha dúas semanas de cinema cos premios da Gala Escolas Galegas para as curtas do IES Salvaterra do Miño e o CEIP San Marcos de Abegondo •

Novas do festival

← Volver

O FICBUEU pecha dúas semanas de cinema cos premios da Gala Escolas Galegas para as curtas do IES Salvaterra do Miño e o CEIP San Marcos de Abegondo

FICBUEU

I O MiniFIC despediuse tamén cun obradoiro de cinema con imaxes debuxadas, un concerto infantil e a proxección de «Curtas en Familia» cunha selección das mellores películas internacionais para todos os públicos

BUEU. 23.09.2023. O Festival Internacional de Cinema de BUEU, o FICBUEU, despediu hoxe a súa 16ª edición coa entrega dos premios da Gala Escolas Galegas, celebrada no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu, ás mellores curtas feitas nos centros de ensino da comunidade. Foi o remate a dúas semanas de programación deseñada para amosar a todo tipo de público as novas tendencias na creación cinematográfica e o máis recente cinema autoral en formato curto.

Na categoría de Educación Secundaria, a película gañadora foi Non estás soa. Non cales. Non te peches. Non es a culpábel, realizada por alumnas e alumnos de primeiro curso de Bacharelato do IES Salvaterra do Miño. A curta, feita ao modo dun anuncio publicitario, aborda un tema de actualidade: a saúde mental na adolescencia. Esta curta competiu con outras tres finalistas do certame: Mundo ao revés, do CPI Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco (A Coruña), e O conto da muller lamprea e O vello máis o río, ambas presentadas polo IES As Barxas, de Moaña.

 

Da Vinci e a Mona Lisa viaxan ao futuro

O roubo da Mona Lisa foi elixida como a mellor curtametraxe no apartado de Educación Especial, Infantil e Primaria. A historia creada polas rapazas e os rapaces de sexto de Primaria do CEIP Plurilingüe San Marcos, de Abegondo (A Coruña) –Leonardo da Vinci e a Gioconda están a pasar apuros económicos e deciden viaxar ao futuro para recuperar o famoso cadro cando descobren que este desapareceu do museo– conquistou ao xurado. A súa decision non foi doada. Entre as pezas finalistas atopábanse tamén A princesa do Caurel, do CEIP Canicouva, de Vigo; Goza co teu Samaín, do CEIP Plurilingüe San Clemente de César, de Caldas de Reis; Mario o Teixugho, do CEIP Plurilingüe do Carballal, de Vigo; e O cascabel da gata, do CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, de Ponteareas. 

Durante a gala puideron verse todas as obras seleccionadas. Xa pola tarde, realizouse un obradoiro de cinema para construír un zoótropo xigante co que a rapazada deu vida a imaxes debuxadas, ao que seguiu o concerto de rock de Pakolas A Ramona Pequena, unha viaxe musical para chegar á lúa. A última actividade do MiniFIC no Festival foi a sección «Curtas en Familia», onde se proxectou unha selección das mellores curtametraxes internacionais de animación para todos os públicos. Foron oito as películas que se amosaron, chegadas dende Irán, Alemaña, Holanda, Austria, República Checa e España.

  • ÁBRESE A CONVOCATORIA PARA ESCOLAS E FACULTADES NO FICBUEU 2025

    Bueu, 15 de maio de 2025 — O FICBUEU abre a convocatoria para a Sección Escolas da súa 18ª edición. Esta sección está dedicada ao traballo audiovisual desenvolvido en centros de ensino, facultades e escolas de formación, e conta cun espazo propio dentro do certame desde hai varios anos. A Sección Escolas conta con tres categorías […]

    2025-05-15
  • O Festival Internacional de Cinema de Bueu abre a convocatoria para unha nova edición da Residencia FICBUEU.

    Bueu. 15/04/2025 – O 15 de abril abre a convocatoria para a recepción de proxectos. A través desta convocatoria, seleccionaranse cinco curtametraxes que participarán neste programa formativo e que terá lugar do 15 ao 21 de outubro. Un ano máis, a Illa de Ons acollerá ás persoas seleccionadas na III Residencia FICBUEU ofrecéndolles un ambiente […]

    2025-04-23
  • O FICBUEU abre a convocatoria de recepción de obras e presenta a súa 18ª edición.

    24/01/2025, Bueu. O Festival Internacional de Cinema de Bueu ten aberta a convocatoria de recepción de curtametraxes ata o 20 de abril. Como cada ano, o FICBUEU acollerá unha exquisita selección de obras chegadas de todo o mundo. Alén das proxeccións, o FICBUEU seguirá convidando ao público a participar en coloquios, encontros e actividades relacionadas […]

    2025-01-24
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.