«A Raia», curta do IES Audiovisual de Vigo, gaña o premio Escolas de Cinema Galegas do FICBUEU

I Realizada por José Antonio Mena, a película é un documental que recolle testemuñas da época do contrabando na fronteira entre o sur de Galicia e Portugal 

I Continúan as proxeccións do MiniFIC ata mañá e o sábado celebrarase a Gala Escolas Galegas, un obradoiro infantil, un concerto e o pase de «Curtas en familia»

BUEU. 21.09.2023. A Raia, curtametraxe do IES Audiovisual de Vigo, recibiu o premio do FICBUEU na categoría Escolas de Cinema Galegas e Facultades. A película, realizada por José Antonio Mena, é un documental que recolle os recordos, a través de testemuñas, do contrabando de produtos básicos como café, azucre ou aceite que tiña lugar na fronteira entre o sur de Galicia e Portunal, na raia, entre finais dos anos 40 e principios dos 50. A curta optaba ao galardón –formación audiovisual por valor de 250 euros–xunto con Cadeas, de Álvaro López, da Universidade da Coruña; Crónica dun recordo, de Zahira Teijelo, da Universidade de Vigo, e Illa cordura, de Mario Fernández, da Universidade de Santiago. Todas as películas proxectáronse no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu.

O FICBUEU segue a desenvolver a súa segunda e última semana de programación, dirixida ao público máis novo. Trátase do MiniFIC, que inclúe proxeccións ata mañá para o alumnado de centros de ensino cos pases das seccións Cativa, Infantil e Xuvenil. O sábado pola mañá terá lugar a Gala Escolas Galegas (11.30 horas, no Auditorio) para coñecer o resto de premios e, xa pola tarde, haberá un obradoiro para construír un zoótropo xigante (16.00 horas), un concerto con Pakolas (ás 17.00 horas, no exterior do Centro Social do Mar) e a proxección da sección Curtas en Familia (dende as 18.30 horas).

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.