Seccións competitivas
ÁRBORES NO CAMIÑO
CEIP XESÚS GOLMAR – 2025 / 5º EDUCACIÓN INFANTIL
Breogán é un neno de Lalín que un día se perde no medio do monte. Grazas á axuda das árbores do camiño consegue resolver os seus problemas.
MISTERIO EN SAN XOÁN
CEIP TORRE DE HÉRCULES – 2025 / 4º EDUCACIÓN PRIMARIA
No barrio de Monte Alto achégase o San Xoán. Un grupo de amigos e amigas organízase nos últimos días de cole para preparar todo para a festa: a leña, as herbas e as sardiñas. Porque non hai San Xoán sen sardiñas! Unha historia que nos leva ata as tradicións dunha das festas máis máxicas de Galiza.
O CAPITÁN CHOCALLEIRO
CEIP DA TORRE-CELA – 2025 / 3º-4º EDUCACIÓN PRIMARIA
Un grupo de nenos e nenas únese baixo o nome da súa tripulación imaxinaria, o Capitán Chocalleiro, para defender algo ben real: a radio escolar e as súas denuncias sobre a contaminación mariña que ameaza ao seu entorno, enfrontándose a intereses empresariais, políticos e mediáticos.
COMA LOBOS
IES DE CHAPELA – 2025 / 4º ESO
Baseado no relato homónimo de Carlos Casares, “Coma lobos” narra en modo flashback a historia dunha detención e o seu tráxico desenlace. Silencio, memoria e dignidade danse cita nun contexto no que a violencia se normaliza e o temor á represión condiciona as nosas relacións.
ESTÁ PASANDO AGORA
IES DE ARZÚA – 2025 / 1º-2º BACHARELATO
Xogando coas imaxes en branco e negro para denunciar as inercias e indiferenzas das nosas vidas cotiás e fotografando en cor o que está a ocorrer en Palestina, esta curta pretende fomentar, desde a comunidade educativa, o debate crítico, a cultura da paz e a defensa dos dereitos humanos.
MARIÑEIRA
IES RAMÓN CABANILLAS – 2025 / 1º-2º-3º ESO, 1º BACHARELATO
A través de Mariñeira queremos render homenaxe a todas as familias que perderon a alguén no mar. Inspirada en feitos reais e de ficción, tratamos o tema do alzhéimer, unha realidade cada vez máis presente nos nosos días.
