Nesta sesión amosaranse os traballos máis destacados que se realizaron en centros de ensino durante o último ano, dende colexios ata universidades. Con esta actividade queremos recoñecer os novos valores do audiovisual galego e animar á comunidade educativa a seguir traballando.

Sábado 15 ás 11:00h
A BRUXA DAS ANTENAS A BRUXA DAS ANTENAS 2018 / ESPAÑA, CENTRO: CEIP do Carballal (Marín) CURSO: 4º de PRIMARIA / 3 min. -

Videoclip realizado a partir dun conto de medo escrito por unha alumna de 1º de Primaria: Unha bruxa fende o sinal dos receptores de radio e TV coa súa variña e a rapazada debe planear unha emboscada para resolver o seu problema.

A GALIÑA AZUL A GALIÑA AZUL 2017 / ESPAÑA, CENTRO: Centro de educación especial Vilagarcía de Arousa CURSO: Todo o alumnado do centro / 3 min. - Todo o alumnado con música e letra orixinais. Autor: o mestre Iván Vale

Unha galiña azul foi vista polos alumnos do CEE Vilagarcía de Arousa. O alcalde pide á policía que a atope pero os veciños da vila únense para defender á galiña: que ten de malo ser azul?, que ten de malo non ser tan común?

PLACERES NEWS PLACERES NEWS 2017 / ESPAÑA, CENTRO: Colexio Sagrado Corazón de Placeres CURSO: 3º de PRIMARIA / 6 min. -

Varios acontecementos ocorren en Lourizán e no Colexio de Placeres. Lucía e Pedro informan de cales son as novas que deben saber os telespectadores para non perderse nada do que acontece no lugar.

O SEGREDO DO BOSQUE O SEGREDO DO BOSQUE 2018 / ESPAÑA, CENTRO: CPI Cabo da Area CURSO: 4º, 5º e 6º de IINFANTIL e 1º,2º,3º e 4º de PRIMARIA / 5 min. -

A película fala do namoramento entre un esquío e un peto, comentado por varios animais da contorna.

ÁPICES ÁPICES 2018 / ESPAÑA, CENTRO: IES Politécnico de Vigo CURSO: 1º BACHARELATO A / 6 min. -

Unha adolescente vese sometida a unha presión constante. Será capaz de saír adiante ou acabará derrubándose?

EFECTO BOLBORETA EFECTO BOLBORETA 2017 / ESPAÑA, CENTRO: IES Macías o Namorado CURSO: 4º ESO / 5 min. -

Romper a cadea, o círculo de pequenas decisións que nos converten en cómplices e colaboradores necesarios do acoso escolar.

FAI O QUE PRECISES FAI O QUE PRECISES Aitor Casás y Daniel Calvar 2018 / ESPAÑA, CENTRO: IES María Soliño CURSO: 1º BACHARELATO / 2 min. -

Unha parella despídese para que un deles atope o camiño ao soño de mellorar a súa vida e a da súa contorna. Desde un campo de refuxiados conseguen embarcarse cun destino incerto cara as súas esperanzas en Europa.

REGALA SORRISOS REGALA SORRISOS 2017 / ESPAÑA, CENTRO: IES As Barxas CURSO: 1º BACHARELATO / 2 min. -

Curtametraxe de animación sobre a doazón de órganos.

ESTATUS ESTATUS 2018 / ESPAÑA, CENTRO: Universidad de Vigo: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación CURSO: 3º / 10 min. -

Nun futuro distópico, as persoas levan escritas na fronte a característica que mellor os define, o seu status, o que dividirá a sociedade en dous clases: os válidos, bos; e os nulos, que estarán perseguidos polo sistema.

MARBEL: 40 ANOS DESPOIS MARBEL: 40 ANOS DESPOIS 2018 / ESPAÑA, CENTRO: IES Audiovisual de Vigo (EAV) CURSO: 2º Producción, 2º Realización, 2º de Imaxe e 1º de Son / 9 min. -

Hai 40 anos, o 27 de xaneiro do 1978, ao barco conxelador Marbel avaríouselle o motor, sendo arrastrado até colisionar coas Illas Cíes e afundirse, levando consigo 27 vidas. Aínda que pasaron moitos anos, segue moi presente en moitos fogares.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba