Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility Xullo 2023 • FICBUEU
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Aberto o prazo para unirse ao equipo de voluntariado do FICBUEU 2023

← Volver

Aberto o prazo para unirse ao equipo de voluntariado do FICBUEU 2023

FICBUEU

O Festival Internacional de Cinema de Bueu volve ofertar diversas prazas de voluntariado para as persoas que desexen apoiar a organización e desenvolvemento da 16ª edición do festival.


As e os voluntarios terán a oportunidade de cooperar cun equipo profesional e vivir o evento desde dentro, aprendendo da experiencia nunha interesante contorna de traballo. As persoas voluntarias poderán participar en variadas tarefas técnicas e loxísticas, sempre baixo supervisión, estarán aseguradas e contarán cun certificado final pola súa colaboración.

O prazo para cubrir o formulario permanecerá aberto ata o 31 de agosto.

Máis información en mariarfalco@ficbueu.com

O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Skip to content